CAMERALIA é un evento internacional dedicado á música de cámara, que conxuga a dobre faceta dos concertos públicos coa ensinanza.
Durante unha semana, do 22 ao 29 de xullo de 2007, os afeccionados á música de cámara de Galicia, vivirán con intensidade concertos de grupos de altísimo nivel, integrados polos profesores da Academia Internacional de Música de Cámara de Galicia e, á súa vez, formacións camerísticas xa consolidadas compostas por asistentes ao mesmo.
É dicir, máis dun centenar de destacados profesionais provenientes de varios países realizarán concertos polas principais cidades de Galicia.
Coas súas clases, ensaios e concertos públicos, ofrecen un produto cultural de primeiro nivel.
A presentación oficial de CAMERALIA 2007 realizouse o 26 de xaneiro de 2007, cun concerto do Cuarteto Casals e o clarinetista Jose Luis Estellés, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
A
Xunta de Galicia, a través da
Consellería de Cultura e Deporte, IGAEM e o
Consorcio de Santiago, afronta un proxecto decididamente innovador, de extraordinaria calidade cultural e formativa.
Consellería de Cultura e Deporte - Xunta de Galicia