BENVIDA
Conselleira de Cultura
     
 
Director Artístico
 
Conselleria de Cultura
 
 
     
     
       
Presentar Cameralia é para min un motivo de especial satisfacción institucional e persoal pola extraordinaria relevancia deste primeiro Festival e Academia Internacional de Música de Cámara, que sitúa a Galicia á cabeza de Europa cun proxecto de máxima calidade.

 Durante a semana do 22 ao 29 de xullo unha selección dos máis prestixiosos músicos impartirán clases a novos artistas nun marco incomparable: a Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Expertos de todo o mundo daranse cita para ofrecer un enfoque moderno e actual da música de cámara. Alumnos en activo e ointes poderán ser testemuñas das súas clases maxistrais e conferencias. A Academia, ademáis, mostrará os seus froitos nunha serie de concertos de formacións camerísticas integradas tanto polos profesores como polos propios alumnos, que poderemos disfrutar en distintas cidades do noso país.

O espírito de convivencia e de intercambio, a enorme aceptación e o entusiasmo que está xerando Cameralia entre as novas formacións de Galicia e de máis alá das nosas fronteiras marcan este evento. De seguro Santiago de Compostela será, para todos os participantes, unha cita inesquecible.

Desde a Consellería de Cultura e Deporte a aposta por convertir a Galicia no punto de mira da cultura universal é clara. Para iso elixe, nesta ocasión, a música como unha das expresións artísticas máis universais. Cameralia busca a esencia co formato de música de cámara, un xénero históricamente ligado á convivencia, ao intercambio de música en pequeno formato, ao diálogo entre instrumentos, entre persoas, entre nacións.

Espero que este proxecto sirva para convertir a Galicia nunha referencia internacional da música de cámara. Que sexa un impulso para todos os novos músicos, potencie os talentos e encha de ilusión as súas carreiras. Que compartan as súas experiencias e nos permitan gozar e achegarnos cada día máis a este xénero fascinante.

Ánxela Bugallo
Conselleira de Cultura e Deporte