BENVIDA
     
 
O feito simple de tocar un instrumento musical ou de cantar e compartir esta actividade con outros individuos móvenos a moitas persoas a vivir a paixón...
   
FESTIVAL E ACADEMIA INTERNACIONAL DE MÚSICA DE CÁMARA DE GALICIA
     

CAMERALIA é un evento internacional dedicado á música de cámara,  que conxuga a dobre faceta dos concertos públicos coa ensinanza.

Durante unha semana, do 22 ao 29 de xullo de 2007, os afeccionados á música de cámara de Galicia, vivirán con intensidade concertos de grupos de altísimo nivel, integrados polos profesores da Academia Internacional de Música de Cámara de Galicia e, á súa vez, formacións camerísticas xa consolidadas compostas por  asistentes ao mesmo.

É dicir, máis dun centenar de destacados profesionais provenientes de varios países realizarán concertos polas principais cidades de Galicia.

Coas súas clases, ensaios e concertos públicos, ofrecen un produto cultural de primeiro nivel.

A presentación oficial de CAMERALIA 2007 realizouse o 26 de xaneiro de 2007, cun concerto do Cuarteto Casals e o clarinetista Jose Luis Estellés, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Deporte,  IGAEM e o Consorcio  de Santiago, afronta un proxecto decididamente innovador, de extraordinaria calidade cultural e formativa.

Consellería de Cultura e Deporte - Xunta de Galicia


         
 
O FESTIVAL
   
 
O primeiro evento cultural e educativo que se celebra en Galicia concibido integramente ao redor da Música de Cámara clásica ...
   
     
         
 
A ACADEMIA
   
 
A Academia está dirixida a grupos de cámara de ámbito internacional e a formacións de orixe galega ...
   
     
     
O NOSO BLOG
 
Participa neste espacio para a divulgación da música de cámara.